cabecera novas sindicais
Nº 8 Xuño 2006
Esquina superior izquierda Esquina superior derecha O Presidente do Tribunal de Garanatías sírvese da Universidade para cargar contra o Cocello.
Luís Espada afirma, mediante un comunicado que reproduce a imprensa de hoxe, que nas institucións públicas é posible facer absolutamente todo para conseguir unha mellor convivencia ante a violación no seu seo dos dereitos individuais. E argumenta que na Universidade atopa unha colaboración interna e institucional, en contra do que acontece no Concello, xa que na administración universitaria predominan os ideais e na local os intereses.

A dita comparativa non fai o caso; pero, ademáis, resulta sospeitosa de esconder outras intencións no intre de cambio da equipa reitoral na coalición gobernante dende 1998 na Universidade que, en termos xerais, fixo caso omiso dos dictames do Tribunal de Garantías para facer valer os intereses particulares sobre os dereitos individuais e utilizou abusivamente a xudicialización dos asuntos ata a extenuación do ánimo de reclamación dos mesmos.

O instituto do Tribunal de Garantías foi concebido para evitar a xudicialización e se ésta medra sen parar, o seu Presidente debera cavilar como frenala no lugar de votar flores sen máis.

A cidadanía no Concello e a comunidade na Universidade agardan un amparo imparcial por igual de Luís Espada, que de seguro ten moita tarefa por diante tanto nun contexto coma no outro, polo que cecais debera ao mellor fixarse cada ano un obxectivo principal que no caso da Universidade podía ser o de poñer coto a xudicialización e logo dar conta do mesmo no seu Informe Anual. FETE/UGT-UVIGO
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha
Esquina superior izquierda Esquina superior derecha
    Elementos relacionados
Esquina inferior izquierda Esquina inferior derecha
© Sección Sindical Universidade de Vigo | e-mail: ugt@uvigo.es | web: http://webs.uvigo.es/ugt/ | Tel.: 986 81 38 59 | AFILIATE.